Actualidade


Presentación do volume "Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo"
9 de abril, 19h30
Cubo de NORMAL (Paseo de Ronda 47, A Coruña)

O proxecto Universo Cantigas, ligado ao grupo ILLA, vén de publicar o volume Universo Cantigas . II. Cantigas de Amigo en que se recollen as 501 cantigas de amigo galego-portuguesas transmitidas polos nosos cancioneiros medievais


No xoves 9 de abril, ás 19.30h, no Cubo de NORMAL (Paseo de Ronda 47) terá lugar a presentación de Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo, volume que está coordinado por Manuel Ferreiro, membro de ILLA, e que conta coa colaboración de Leticia Eirín, tamén membro do grupo, xunto con Mariña Arbor Aldea (USC) e Bieito Arias Freixedo (UVigo).