Actualidade
A obra, publicada pola Casa-Museo Manuel María, é da autoría de Xosé Ramón Freixeiro e Manuel Ferreiro (ILLA, UDC).
Acaba de saír do prelo o volume Manuel María e Portugal: cartas de alén Miño (1960-2004), publicado pola Casa-Museo Manuel María con estudo, edición e notas dos profesores do Grupo ILLA Xosé Ramón Freixeiro Mato e Manuel Ferreiro. A obra, de 732 páxinas, consta dunha extensa introdución sobre a relación de Manuel María con Portugal, seguida da transcrición de 662 cartas, 615 da autoría de intelectuais portugueses, a maioría escritores e escritoras do norte do país, e 47 do poeta de Outeiro de Rei. As cartas, ordenadas cronoloxicamente, están profusamente anotadas, e entre os seus autores figuran personalidades tan relevantes como Manuel Rodrigues Lapa, José Saramago, Miguel Torga, Wanda Ramos, Francisco José Velozo, Viale Moutinho ou Ana Hatherly. O libro termina cunha relación dos 74 correspondentes lusitanos do poeta chairego, co perfil biobibliográfico de cada un deles, e un índice cronolóxico das cartas editadas, alén da correspondente bibliografía,

