Actualidade


Publicación dixital do volume 'Textos dramáticos no "Parladoiro" Ramón Otero Pedrayo'
Outubro 2025

A obra foi editada pola profesora Laura Tato Fontaíña, membro de ILLA.


Este volume, o número 76  da Serie Literatura teatral galega da Colección Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, recolle cincuenta e catro pequenos textos dramáticos publicados por Ramón Otero Pedrayo na sección "Parladoiro" do xornal compostelán La noche entre 1946 e 1949, completando, desta maneira, a nómina da produción teatral do autor ourensán.

O volume vén de publicarse en formato dixital e acceso aberto no Repositorio da UDC (RUC) e está dispoñible na seguinte ligazón [https://hdl.handle.net/2183/45497]