Actualidade
O profesor e membro de ILLA, Carlos Biscainho, participa na xornada “Centro Dramático Galego: vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega. O rol das institucións culturais galegas na creación escénica, musical e audiovisual contemporánea”.
A xornada “Centro Dramático Galego: vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega. O rol das institucións culturais galegas na creación escénica, musical e audiovisual contemporánea” reflexionará arredor da vixencia do CDG no impulso da creación escénica galega. Analizarase o papel que desempeña hoxe en día esta institución no panorama cultural galego, o impacto da súa evolución na sociedade e no labor das e dos profesionais das artes escénicas, así como a repercusión social e territorial da creación institucional.
A xornada desenvolverase en sesións de mañá e tarde [ligazón ao programa].
É necesaria inscrición previa.

