Actualidade


III Xornadas de actualización en lingua galega e literatura no ensino
14 de outubro de 2025
Sala 2.5 (Facultade de FIloloxía)

As xornadas, organizadas por ILLA, están coordinadas pola profª Cilha Lourenço Módia e polo prof. Xoán López Viñas.


Estas xornadas, organizadas polo grupo ILLA, ofrecen un espazo de encontro e formación para o profesorado e o público interesado na innovación e dinamización do ensino da lingua e da literatura galegas.

A actividade terá lugar na Sala 2.5 (2.º andar), en sesión de tarde e inclúe as seguintes intervencións:

 

  • 17.00h  Ana Martíns: Situacións de aprendizaxe. Aplicacións nas aulas de literatura e de portugués no Secundario
  • 17.45h – Diego Cousillas Novo: Castelao, inventor do cinema (un achegamento lúdico á función do debuxo na lectura de Cousas)
  • 18.30h – Pausa
  • 19.00h  Nel Vidal Barral: O reto de traballar a lingua con adolescentes: propostas e experiencias.