Actualidade


Conferencia inaugural do Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade
18 de setembro, 17.30h
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía

A conferencia correrá a cargo da escritora Emma Pedreira.


Coincidindo co inicio do curso académico, o Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade organiza a conferencia “Libros, obxectos e historias na historia do libro”, que será impartida pola escritora Emma Pedreira.

 

A sesión terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía este xoves, 18 de setembro, ás 17:30 horas.