Actualidade


Presentación de 'Umha voz na Galiza'
5 de novembro de 2020, ás 19:30 horas
Paraninfo da Universidade da Coruña

Con motivo da dedicatoria do Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, a Universidade da Coruña edita Umha voz na Galiza, escolma de artigos xornalísticos publicados polo autor ferrolán entre os anos 1933 e 1989.


A responsábel da selección de artigos e autora do limiar é Pilar García Negro, profesora honoraria da UDC e membro de ILLA.

A profª García Negro participará no acto de presentación desta publicación institucional, que terá lugar no Paraninfo situado na Reitoría da Universidade. Xunto a ela, intervirán tamén Cristina López Villar, Vicerreitora de Cultura, Igualdade e Deporte, Teresa López, Directora do Departamento de Letras e Julio Abalde, Reitor da institución coruñesa, que pechará o acto.

Debido á actual situación sociosanitaria, o acto terá aforo limitado e desenvolverase segundo as medidas hixiénicas vixentes na UDC. Tamén poderá ser seguido por streaming a través da seguinte ligazón: https://tv.udc.gal/live/59fb17b411cad1c1538b4570.

Con posterioridade a gravación do acto será disponibilizada na sección de Cultura de UDC TV: https://tv.udc.gal/multimediaobjects/tag/cultura_y_deporte.