Actualidade


ILLA organiza as xornadas 'Arredor de Carvalho Calero'
19-21 de outubro
Facultade de Filoloxía (UDC)

As sesións terán lugar no Salón de graos ás 13 horas.


Con esta actividade, inicialmente prevista para o mes de abril, ILLA quere incidir na divulgación da figura e da obra do prof. Ricardo Carvalho Calero, referencia cívica e intelectual da Galiza do século XX. 

As xornadas, que contan co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía, organízanse de acordo co seguinte programa:

_Día 19: Carvalho Calero, cidadán, coa participación de Pilar García Negro e Henrique Rabuñal

_Día 20: Carvalho Calero, creador, coa participación de Manuel Castelao e Laura Tato

_Día 21: Carvalho Calero, estudioso, coa participación de Mario Regueira e Xosé Manuel Sánchez Rei

Nas actuais circunstancias sociosanitarias, o Salón de graos terá aforo limitado e a asistencia será previa inscrición.

O grupo ILLA foi pioneiro na organización de reunións científicas dedicadas ao ilustre profesor ferrolán: no ano 2000, Francisco Salinas e Teresa López foron responsábeis d e organizar Ricardo Carvalho Calero. Memoria do século [https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/10528] e, en 2010, Carlos Biscainho e Xosé Manuel Sánchez Rei coordinaron Ricardo Carvalho Calero. Ciencia, literatura e nación [https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/12716].