Actualidade


Proposta de contratación no grupo ILLA
24 de febreiro de 2022
Facultade de Filoloxía (UDC)

A comisión xulgadora da praza de persoal de apoio convocada coa referencia ED431B  2020/49 fai pública a súa proposta de contratación.


Tal e como figuraba na convocatoria oficial, a comisión estivo composta por Leticia Eirín, Teresa López e Xoán López Viñas.

Unha vez reunida para realizar a baremación de todas as candidaturas presentadas de acordo cos criterios de selección publicados, a comisión resolveu propor a contratación de D. Alexandre Peres Vigo e incluír como suplente a D.ª Yolanda Gallardo Silva.