Actualidade


Novo título da Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
Novembro 2022
Servizo de Publicacións (UDC)

Dúas comedias de Frances Burney publícase en edición bilingüe ao coidado de María Jesús Lorenzo Modia e Carmen María Fernández Rodríguez.


O club do enxeño e Un día a toda présa son dúas comedias da británica Frances Burney (1752-1840) que permaneceran sen publicar até o século XX. A súa tradución para o galego achega dous textos dramáticos que, no cambio do século XVIII ao XIX, se ocupan, respectivamente, da escrita das mulleres e do colonialismo.

María Jesús Lorenzo Modia é catedrática de Filoloxía Inglesa na UDC e ten publicado numerosos traballos sobre as escritoras dos séculos XVIII e XIX.

Carmen María Fernández Rodríguez é doutora en Filoloxía Inglesa e especialista na obra de Burney.

Este título, editado en dous volumes, fai parte da serie Outras literaturas dramáticas da colección Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor que, con esta publicación, alcanza os 74 números.