Actualidade


Xornadas 'Legados dende a dislocación. Intervencións no presente e imaxinación do futuro nos exilios da Guerra Civil'
16 e 17 de xuño de 2022
Illa de San Simón (Redondela)

Teresa López, coordinadora do grupo ILLA, participa neste encontro. 


Teresa López participará nas xornadas que organizan o Consello da Cultura Galega e o concello de Redondela coa intervención '(Re)creando comunidade: o teatro galego en Bos Aires, entre a emigración e o exilio'.

As sesións, coordinadas por Pablo García Martínez, pretenden xuntar especialistas no estudo do exilio producido pola Guerra Civil e que realizan o seu traballo dende diferentes puntos da xeografía galega, estatal e estranxeira. A través das tres mesas que fan de columna vertebral do encontro, prestaráselles atención tanto ás formas de inserción das persoas exiliadas nas sociedades de acollida mediante varias formas de militancia, como aos legados culturais que deixaron detrás de si durante o tempo no desterro e, finalmente, aos futuros que imaxinaron dende os contextos adversos que viviron.

O programa do evento contempla intervencións de Ramón Villares, Manuel Aznar, Mari Paz Balibrea, Eva Moreda, Xosé Manuel Núñez Seixas, entre outras persoas.

A asistencia é gratuíta, previa inscrición obrigatoria.