Actualidade
Publicación do 'Informe sobre usos lingüísticos no teatro galego'
Decembro 2025
O volume, coordinado polo profesor Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, está dispoñíbel no repositorio institucional da Universidade da Coruña.
Con este volume, o Observatorio do Teatro Galego (nacido dun convenio entre o grupo ILLA e a Academia Galega de Teatro) presenta á sociedade os resultados dun proceso masivo de enquisas realizadas a catro sectores do campo teatral galego (dramaturg@s, intérpretes, director@s e programador@s) á volta do uso da lingua galega no teatro da Galiza e a percepción dos seus axentes sobre a capacitación d@s creador@s ou a calidade do idioma empregado nos palcos do país.
O volume está coordinado polo investigador e membro de ILLA Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes e pode ser consultado en: https://ruc.udc.es/entities/publication/c8de6fbc-2b6b-431c-9d1e-ccd9a68da150

