Actualidade


Manuel Ferreiro imparte unha conferencia plenaria no VII Congreso Internacional da Asociación Convivio
3-5 de novembro de 2021
Facultade de Filoloxía

O Congreso contará tamén coa participación dos membros do grupo ILLA Leticia Eirín, Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Teresa López.


A Facultade de Filoloxía acollerá estes días o VII Congreso Internacional da Asociación Convivio, coordinado pola profesora desta facultade Cleofé Tato e punto de encontro para os especialistas no estudo dos cancioneiros e da poesía de cancioneiro. Nel trataranse asuntos relacionados co tema, especialmente os que teñan que ver coas liñas de revisión do canon, a poesía perdida, a recepción da poesía de cancioneiro e a historiografía deste campo de estudos.

O grupo ILLA participará a través dos seus membros Manuel Ferreiro, convidado para impartir unha conferencia plenaria co tema “Voltando ás cantigas de amigo: algunhas reflexións textuais”, Leticia Eirín, que falará do cancioneiro de Martín de Caldas, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, sobre "Xohán de Isorna, un trovador na corte de Xelmírez", e Teresa López, que intervirá co relatorio "Cantares de amiga: poetas contemporáneas e trobadorismo medieval".​

O programa completo, así como outros datos de interese, está dispoñíbel na web do congreso.