Actualidade


Palestra de Carlos Biscainho sobre teatro galego
12 de outubro de 2022
Faculdade de Letras (Universidade de Lisboa)

A palestra do profesor Biscainho, membro de ILLA, leva como título "A patrimonialização do teatro galego e a construção do seu relato historiográfico".


A palestra está organizada polo Centro de Estudos de Teatro de Lisboa e será introducida por Carlos Callón, do Instituto Espanhol de Lisboa.

No curso da súa intervención, o prof. Biscainho fará un percurso polos principais procesos de construción do relato historiográfico do teatro galego contemporáneo e focará as reticencias institucionais á patrimonialización desta actividade artística de grande poder cohesivo.

O evento terá lugar ás 17:00 h no Anfiteatro III (Sala A201) da Faculdade de Letras.

Máis informacións na web do Centro de Estudos de Teatro