Actualidade
ILLA organiza o seminario de investigación 'Xoán González-Millán e os estudos socioculturais galegos'
11 de abril de 2024, ás 16 h
Sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía
O seminario, coordinado polo Dr. Isaac Lourido, membro de ILLA, contará coa presenza de María Liñeira e Pablo Pesado.
Xoán González-Millán (1951-2002) desenvolveu unha intensa actividade investigadora na City University of New York sobre numerosos asuntos como a narrativa de Álvaro Cunqueiro, as relacións entre literatura galega e sociedade a partir de 1975, ou os modelos teóricos e críticos para estudar as culturas subalternas.
O seminario está coordinado por Isaac Lourido, membro de ILLA, e ten como obxectivo principal avaliar criticamente o legado investigador de Xoán González-Millán. Conta coa participación de María Liñeira (investigadora independente) e Pablo Pesado (Espaço Claro Corbelhe) que abordarán, respectivamente, algunhas das consideracións de González-Millán en relación coa literatura do exilio e a vixencia dos conceptos de 'nacionalismo literario' e 'literatura nacional' desenvolvidos polo autor.
Esta actividade está integrada no programa formativo do Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade e do Programa de Doutoramento en Estudos Literarios.