Actualidade


Sobresaliente 'cum laude' para a tese de doutoramento de Luís Miguel Antelo

A tese foi dirixida por Carlos Biscainho e Laura Tato, membros de ILLA.


O traballo de Luís Miguel Antelo Lema, titulado A crise identitaria no sistema teatral galego do século XXI: tensións entre o valor económico e o compromiso cunha identidade cultural diferenciada, mereceu a máxima cualificación no parecer do xuri, presidido polo prof. Elias Torres Feijó, da USC, e integrado polas profesoras Iolanda Ogando, da Universidade de Extremadura, e Carme Fernández Pérez-Sanjulián, da UDC, que actuou como secretaria.

A tese parte da idea de que a gradual introdución da economía de mercado no sistema teatral galego derivou nunha crise de identidade deste. Co foco posto nunha serie de factores económicos, políticos, sociais e lingüísticos, as tensións observadas especialmente no XXI serven como referencia para a valoración do estado da loita que na actualidade estabelecen os diferentes axentes que interveñen na cadea de produción do teatro entre o valor económico dos espectáculos e a proxección social en favor da identidade cultural minorizada na Galiza.

Desde o grupo ILLA enviamos os nosos máis cordiais parabéns ao novo doutor e ao director e á directora da tese.

O traballo pode ser consultado no repositorio institucional da Universidade da Coruña: https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/27043/AnteloLema_LuisMiguel_TD_2020.pdf?sequence=2&isAllowed=y