Actualidade


Novo volume da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
Maio 2023

As Xornadas e as Mostras de Teatro de Vigo (1972-1979). O rexurdir da actividade dramática na mudanza de réxime da autoría de Dolores Miloro é o novo título da serie azul desta prestixiosa colección teatral.


As Xornadas de Teatro de Vigo, desenvolvidas entre 1972 e 1978, naceron cun afán renovador e co fin de pór en contacto os grupos da cidade con outras propostas teatrais foráneas. As Mostras de Teatro Galego, organizadas entre 1975 e 1979, foron unha forma de lle dar visibilidade á normalización teatral galega, que xa comezara a Asociación Cultural Abrente en 1973 coas Mostras de Ribadavia. Ambos os encontros favoreceron o intercambio de experiencias e contribuíron á propia formación destes grupos afeccionados.

Dolores Miloro realiza un rigoroso e documentado estudo destes dous encontros, fundamentais para entender as dinámicas do teatro galego no cambio de réxime político.