Actualidade


Carme Fernández Pérez-Sanjulián participa na xornada 'A obra de Pedrayo e o seu estudo: un estado da cuestión'
10 de decembro de 2021
Fundación Otero Pedrayo

A membro de ILLA participará no encontro xunto con outros investigadores e especialistas.


A xornada, que terá lugar no Pazo de Trasalba, abordará diferentes temáticas relacionadas coa obra do membro da Xeración Nós, desde a súa biografía até a súa faceta política, pasando pola súa obra literaria e xornalística.

Alén de Carme F. Pérez-Sanjulián o encontro contará coas intervencións de Xesús Alonso Montero, Patricia Arias, Victor F. Freixanes, Augusto Pérez Alberti, Xosé Ramón Quintana, Pegerto Saavedra, Xosé Manuel Salgado, Iago Seara, Dolores Vilavedra e Ramón Villares.