Actualidade


Palestra de Ana Garrido
19 de decembro de 2022, 13:00 h
Sala 2.5 da Facultade de Filoloxía (UDC)

'Xohana Torres, das viúvas de vivo ás mulleres navegantes' será o asunto da súa intervención. 


Ana Garrido é doutora en Humanidades, con especialidade en Literatura, pola Universidade de Varsovia e licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. 

En 2019 recibiu o Premio de Ensaio Xohana Torres pola súa obra Xohana Torres: da viúva de vivo á muller navegante, publicado por USC editora. Coeditou varios volumes colectivos, entre outros Identidade, memoria e xénero: un achegamento panorámico aos Estudos Galegos (2014), Identidad, género y nuevas subjetividades en las literaturas hispánicas (2016) e Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinar (2018). É autora de numerosos artigos académicos sobre literatura e emigración, estudos de xénero e narrativa peninsular contemporánea en revistas como Madrygal, Itinerarios, Abriu

Na actualidade é profesora na Universidade de Varsovia e membro do Grupo de Investigación Xénero, identidade e discurso en España e América Latina (GENIA). Foi secretaria e presidenta da AIEG (Asociación Internacional de Estudos Galegos).