Actualidade


Defensa da tese de doutoramento de Mª Jesús Leira Lugrís
14 de abril de 2023, 18 h.
Sala de graos da Facultade de Filoloxía (UDC)

A tese foi coorientada pola profª Carme Fernández Pérez-Sanjulián, membro de ILLA.


O traballo de investigación leva por título A trajetória de Caetano Veloso no campo cultural brasileiro da segunda metade do século XX e foi desenvolvido no marco do programa de doutoramento interuniversitario en Estudos literarios. Xunto coa profª Carme Fernández Pérez-Sanjulián, foi orientadora a profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Carmen Villarino Pardo. 

O tribunal que xulgará a tese estará presidido polo prof. John P. Thompson (Montana State University) e del farán parte o prof. Carlos Quiroga (Universidade de Santiago de Compostela) e a profª Goretti Sanmartín Rei (Universidade da Coruña).