Actualidade


A Dra. Micaela Rei Castro fala dos murais de Luís Seoane
14 marzo 2021
Reportaxe no xornal 'La Opinión'

O xornal coruñés informa, nunha páxina asinada por Carlos Miranda, do proxecto de creación dun roteiro dixital dedicado ao traballo muralístico de Luís Seoane en Bos Aires.


O proxecto, impulsado pola cátedra Galicia-América da Universidade Nacional de San Martín, ten entre as súas promotoras a Silvia Dolinko.

Na reportaxe son recollidas as opinións expertas de Micaela Rei, autora da tese O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane, dirixida polo Prof. Martínez Pereiro, membro de ILLA. 

A Dra. Rei sinala a relevancia do traballo de Seoane no ámbito do muralismo, a súa experimentación con diversas técnicas e materiais, e lembra a necesidade de preservar e difundir toda a obra muralística de Seoane, tamén a conservada en Cervo. 

Aquí pode ser lida a reportaxe completa.