Actualidade


Proposta de contratación no grupo ILLA
15 febreiro 2021
Facultade de Filoloxía (UDC)

A comisión xulgadora da praza de técnico administrativo convocada coa referencia ED431B 2020/49 fai pública a súa proposta de contratación.


Tal e como figuraba na convocatoria, a comisión estivo composta por Leticia Eirín, Teresa López e Isaac Lourido.

Unha vez reunida para realizar a baremación de todas as candidaturas presentadas de acordo cos criterios de selección publicados, a comisión resolveu propor a contratación de D.ª Lucía Cernadas Varela e incluír como suplente a D.ª Laura Sousa Sánchez.