Actualidade
O grupo ILLA participa no congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos con cinco paineis temáticos, numerosas comunicacións e a presentación da RGF e mais dun volume de estudos dedicado a Xoán González-Millán.
O grupo ILLA participará no XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que se celebrará dos días 17 a 20 de abril nas cidades de Braga e Guimarães, con paineis sobre a lírica medieval galego-portuguesa, a edición literaria na Galiza entre 1975 e 2000 e o teatro galego entre 1936 e 1973, vinculados aos proxectos de investigación financiados vixentes na actualidade, e con varias comunicacións sobre asuntos lingüísticos, literarios e culturais. Tamén presentará o último número da Revista Galega de Filoloxía e o volume Xoán González-Millán: A projeção de um pensamento crítico, coordinado, entre outras persoas, por Isaac Lourido.
No programa completo figuran todos os pormenores sobre a celebración deste evento de referencia no ámbito dos estudos galegos.