Actualidade


Lanzamento d'O portugués esquecido na Universidade do Minho
07 de abril de 2022
Paraninfo da Escola de Letras, Artes e Ciências Humanas

Xosé Manuel Sánchez Rei presentou en Portugal a segunda edición da súa obra


O profesor coruñés e membro de ILLA estivo acompañado no evento por María Aldina Marques, profesora na Universidade con sede en Braga e colaboradora de ILLA.

O acto foi organizado polo Centro de Estudos Galegos en colaboración co Departamento de Estudos Portugueses e Lusofónos da Universidade do Minho. 

No volume, o autor explica pormenorizadamente como, durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos e tratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desde os inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais a maioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc. conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordios da seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa época.