Actualidade
Carme Fernández Pérez-Sanjulián, membro de ILLA, coordina este encontro no marco do proxecto 'A edición literaria na Galiza (1975-2000)'.
O proxecto 'A edición literaria na Galiza (1975-2000)' (PID2020-119605RB-I00)' do que é investigadora principal a profª Fernández Pérez-Sanjulián, será presentado no encontro, que contará tamén coa participación de protagonistas destacadas da edición galega.
A xornada desenvolverase segundo o seguinte programa:
10.30h - 11.30h Presentación do proxecto de investigación “A edición literaria na Galiza (1975-2000)” por Carme Fernández Pérez-Sanjulián (UDC)
11.30h - 13.30h Editar libros: tres experiencias en primeira persoa.
Pilar Sampil - Editorial Galaxia
Charo Portela - Ediciós do Castro
Belén López - Editorial Baía
13.30h - 15.00h Xantar
15.00h - 17.00h Sesión de traballo co equipo de investigación