Actualidade


Publicación do libro "As histórias do futuro de Machado de Assis. Uma novela e vinte e quatro contos que contam"

Os membros de ILLA Alva Martínez Teixeiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro publican o libro As histórias do futuro de Machado de Assis. Uma novela e vinte e quatro contos que contam.


Os membros de ILLA Alva Martínez Teixeiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro publican o libro As histórias do futuro de Machado de Assis. Uma novela e vinte e quatro contos que contam.


Nese primeiro volume, que inaugura a coleción ‘Através do Brasil” de Através Editora, edítanse vinte e cinco ficcións da mellor e mais representativa narrativa curta de Joaquim Maria Machado de Assis (1839-1908), en concreto aquelas que posúen unha maior potencia de actualidade e en que, desde o pasado, o xenial escritor conseguiu falar e narrar para os sucesivos futuros por vir; aquelas, en fin, que nos axudan sempre a comprendernos mellor.

 

Ao longo de mais de cinco quinquenios, todos eses contos foran publicados prensa periódica, entre 1881 e 1907, recollidos (ou, mesmo, dados á luz por primeira vez) nos volumes Papéis Avulsos (1882), Histórias sem Data (1884), Várias Histórias (1886), Páginas Recolhidas (1889) e Relíquias da Casa Velha (1906).

 

A xigantesca vertente ficcional da obra breve de tan xenial escritor, mais de cen anos despois, continua a falar por extenso da "humana cousa" bocacciana aos nosos corazóns e ás nosas mentes, merecendo, sen dúbida, figurar na nosa sensibilidade moderna polas numerosas ocasións en que se referiu con autenticidade aos nosos sentimentos, grandezas, contradicións e limitacións.

 

En definitiva, como afirma no prefacio o professor da UERJ João Cezar de Castro Rocha, “é um livro-presente para o público contemporâneo na forma de um xadrez de palavras, para evocar a eloquente metáfora do padre Antônio Vieira – uma vez que aludimos à História do Futuro”.