Actualidade


Alva Martínez Teixeiro participa nun workshop organizado polo proxecto europeo “Entangling Indigenous Knowledges in Universities – EDGES”
4-6 de xuño de 2025
Museu Nacional da História Natural e da Ciência, Lisboa

A membro de ILLA intervén na última sesión do evento sobre “O papel das artes indígenas na preservação e reinvenção cultural”


O Workshop “Reflorestar o patrimonio: Museus e retomada dos povos indígenas” supón o inicio das actividades do “Work Package 5 | Reclaiming and Redefining Heritage: Data Governance, Displays and Preservation in Collections and Museums” do proxecto europeo EDGES: https://shre.ink/exDN


Alva Martínez Teixeiro, membro do grupo ILLA e, como investigadora asociada do Instituto de Ciências Sociais (ICS-UL), tamén do EDGES, intervén na última sesión cun relatorio sobre dúas accións en dous espazos museolóxicos que tiveron lugar na cidade de São Paulo en 2019: a performance-crítica de Denilson Baniwa, no encontro “Histórias indígenas no MASP” e a conversa-dramaturxia, realizada na Casa Museu de Mário de Andrade, que deu lugar à obra colectiva e híbrida “Makunaimã: o mito através do tempo”. A fala pretende destacar a necesidade de reescribir a Historia da Arte e da Literatura, respectivamente, coa presenza oral, escrita e visual indíxena, cuestionando as ‘historias únicas’ e a apropiación cultural.

 

Máis información sobre o workshop nesta ligazón