Actualidade


ILLA adhire á declaración DORA
15 de abril de 2021

O grupo decidiu asinar a Declaration on Research Assessment, que recoñece a necesidade de promover mellores prácticas na avaliación da pesquisa.


O 16 de decembro de 2012, un grupo de editores de revistas académicas reunido no Encontro Anual da Sociedade Americana de Bioloxía Celular (American Society for Cell Biology - ASCB) desenvolveu unha serie de recomendacións ante a necesidade de mellorar a maneira en que as axencias de financiamento, as institucións académicas e outros grupos avalían a produción da pesquisa científica: a Declaración de San Francisco sobre a avaliación da pesquisa. ILLA súmase agora á reivindicación destas recomendacións, dirixidas ás varias partes implicadas no proceso de avaliación e publicación dos resultados investigadores; entre elas destaca a recomendación de non empregar escalas baseadas en revistas, tales como o Factor de Impacto, como unha medida indirecta da calidade dos artigos, das contribucións das persoas investigadoras ou como un indicador primordial nas decisións de contratación, promoción ou financiamento.

Para máis información, pode ser consultada a páxina web da DORA.