Actualidade


Xosé Ramón Freixeiro presentou 'Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976'
29 de setembro de 2021
Asociación Cultural Alexandre Bóveda

O catedrático da Facultade de Filoloxía da UDC e membro de ILLA presentou onte no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda a súa edición da correspondencia entre Ramón Otero Pedrayo e Sebastián Martínez-Risco.


O pasado mércores 29 de setembro Xosé Ramón Freixeiro, catedrático da Universidade da Coruña e membro do Grupo ILLA, presentou no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o seu libro Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976, publicado recentemente pola editorial Galaxia.

Na presentación, na que o autor estivo acompañado por Isabel Risco, Sebastián Martínez-Risco e Xosé Manuel Sánchez Rei, fíxose un percorrido polo libro e a relación epistolar entre un dos máis emblemáticos escritores da nosa literatura e quen foi presidente da Real Academia Galega.

Toda a información sobre a publicación pode ser consultada na páxina web da editora.