Actualidade


Poesia galega atual. Um coloquio poético con Lucía Cernadas.
20 de decembro de 2024, 13.30h
Sala 2.14 (Facultade de Filoloxía)

Baixo a coordinación de Ánxela Lema, membro de ILLA, a investigadora Lucía Cernadas ofrecerá un coloquio poético arredor da poesía galega contemporánea.


Neste encontro con Lucía conversaremos sobre o seu poemario, recentemente publicado, O corpo é umha promessa (bolero) (2024), alén de reflexionarmos sobre referentes poéticos contemporáneos, cuestión que fai parte do obxecto de estudo da tese de doutoramento que está a realizar.