Actualidade
O encontro, coordinado polo membro de ILLA Isaac Lourido, reunirá persoas expertas na materia que desenvolven as súas pesquisas en universidades galegas e internacionais.
A xornada decorrerá de acordo co seguinte programa:
- 11:00. Benvida e presentación
Teresa López (Coordinadora do Grupo ILLA, UDC)
Isaac Lourido (Grupo ILLA, UDC)
- 11:15. Mesa 1: Presentación de proxectos de investigación
Burghard Baltrusch (Universidade de Vigo): POEPOLIT: Poesia atual e política.
Margalida Pons (Universitat de les Illes Balears): Projetos do grupo LiCETC: O afetivo como vetor de análise na poesía catalá atual
- 12:30. Pausa
- 12:45. Mesa 2: Métodos e ferramentas
Arturo Casas (USC): Metodoloxías para o estudo da poesía galega
Lucia Cernadas (University of Oxford) e Roberto Samartim (UDC): Presentación do Proxecto Livro Galego e aplicações à poesia galega recente
O encontro será retransmitido a través de Teams. As persoas interesadas en asistiren on line poderán inscribirse mediante unha mensaxe a isaac.lourido@udc.gal.