Actualidade


Intervención de Serxio Couso no ciclo 'Aula aberta'
22 de xuño de 2023, ás 19:30 h
AC Alexandre Bóveda (A Coruña)

A palestra ten por título 'O Maroutallo: desexo, mímese e disforia nunha obra de Otero Pedrayo'. 


Na palestra realizarase unha lectura en chave de xénero da última obra narrativa publicada en vida por Ramón Otero Pedrayo, O Maroutallo (1974), co obxectivo de reflexionar sobre o proceso de construción da identidade das mulleres, sempre mediada polo vínculo que os homes estabeleceron con elas. A través da análise das accións e pensamentos da súa protagonista, indagarase nas mulleres como suxeitos con desexo sexual, nos mecanismos de socialización feminina e na realidade dos corpos non-normativos.

Serxio Couso é graduado en Galego-Portugués e graduado en Español pola Universidade da Coruña. Actualmente está a cursar o Mestrado en Formación do Profesorado na Universidade de Santiago.

O evento terá lugar na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Santo André 36, 1º).