Actualidade


Un ensaio de Carlos Paulo Martínez Pereiro sobre a artista e escritora brasileira Maria Martins
Setembro 2020

O profesor Martínez Pereiro, membro de ILLA, colabora no volume-homenaxe Como el camino empieza. Palabra e imagen para Perfecto E. Cuadrado cun ensaio sobre a heterodoxia do surrealismo plástico e literario de Maria Martíns (1894-1973).


No ensaio “'Errer dans les brouillards malsains tisés par mes désirs' — Do surrealismo heterodoxo de Maria Martins”, Carlos Paulo Martínez Pereiro aborda a figura e a creación desta singularmente plural escultora e escritora brasileira que, ultrapasando a influencia da omnipotente figura vangardista do creador, fundador, transgresor e primeiro apóstata Marcel Duchamp, se revela unha desas artistas e desas obras que 'n’ont pas la carte', que se nos afiguran fora do clasificado, esperábel ou típico. Para o cabal entendemento da obra en foco, o ensaio adopta unha posición crítica pouco confortábel, (re)pensando a estrañeza producida por unha creadora co innegábel coñecemento avanzado dos tempos que viviu con toda a intensidade.

Almudena del Olmo, Antonio Bernat Vistarini, Francisco J. Díaz de Castro e Maria Lourdes Pereira, Como el camino empieza. Palabra e imagen para Perfecto E. Cuadrado, José J. de Olañeta Editor, Palma de Mallorca, 2020. 

https://www.olanetaeditor.com/titulos/como-el-camino-empieza/