Actualidade


Sobresaliente 'cum laude' para a tese de doutoramento de Alberto Pombo
Novembro 2022
Universidade da Coruña

A tese foi defendida o pasado día 28 de outubro na Facultade de Filoloxía.


O traballo de Alberto Pombo, que leva por título Verso e acorde. Relacións entre literatura galega e música (1960-2000), mereceu a máxima cualificación por parte do xuri, presidido pola catedrática emérita da UDC e membro de ILLA, a profª Laura Tato, e composto polo prof. Carlos Taibo, da Universidade Autónoma de Madrid, e a profª María Xesús Nogueira, da Universidade de Santiago de Compostela, que actuou como secretaria. 

A tese aborda o estudo das relacións entre literatura e música na Galiza contemporánea, un asunto carente de investigacións específicas até agora. Nun contexto histórico condicionado pola censura, a literatura galega encontrará na música unha nova canle para a súa difusión. Na investigación desvendouse toda a produción musical de corte pop da segunda metade do século XX para identificar e sistematizar todas as composicións musicais con base literaria, pondo así de manifesto a interacción entre a música e a poesía na construción do canon literario. 

Desde o grupo ILLA damos os máis cordiais parabéns ao novo doutor, á directora da tese, a profª Teresa López, membro de ILLA, e ao director da tese, prof. Xosé Mª Dobarro.