Actualidade
Esta nova edición do ciclo que ILLA organiza coa AC Alexandre Bóveda comezará coa intervención de Laura Freire Ledo.
O xoves 20 de marzo, ás 19.30 h, no ciclo Aula Aberta, Laura Freire Ledo ofrecerá a súa palestra "As antoloxías poéticas contra a violencia de xénero no sistema literario galego do século XXI".
Na palestra realizarase unha análise da poesía galega do século XXI contra a violencia de xénero a partir de tres antoloxías colectivas, os dous volumes de Polifonías: Voces poéticas contra a violencia de xénero e o Manifesto 25N, atendendo ás condicións institucionais de publicación e aos seus repertorios temáticos.
Laura Freire Ledo é graduada en Galego e Portugués. Estudos Lingüísticos e Literarios. Actualmente cursa o Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, F.P. e Ensino de Idiomas.