Actualidade


Carlos Paulo Martínez Pereiro participa no II Congreso Internacional de Literatura Brasileña
26 de abril a 7 de maio de 2021

O evento está dedicado ao compromiso literario da recoñecida escritora brasileira Ana Maria Machado (Rio de Janeiro, 1945). 


O congreso online está a transcorrer entre o 26 abril e o 7 de maio de 2021, organizado polo Centro de Estudios Brasileños da Universidad de Salamanca (CEB-USAL) e pola Academia Brasileira de Letras (ABL).

O profesor da UDC e membro integrado de ILLA ditou a conferencia “Entre Machado y Machado. La audacia de un romance que continúa otro”. Aliás, a profesora da FLUL e  colaboradora de ILLA Alva Martínez Teixeiro proferiu a comunicación “Aterrados, encerrados, enterrados e desterrados: dictadura, exilio y desarraigo en el París literario de Ana Maria Machado y de otros narradores brasileños contemporáneos”.