Actualidade


ILLA participa no XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos
Setembro de 2022
Facultade de Linguas Modernas (Universidade de Varsovia)

Doce membros de ILLA participaron nesta reunión científica.


O congreso da Asociación Internacional de Estudos  Galegos transcorreu na cidade polaca de Varsovia entre os días 21 e 24 de setembro baixo o título "Abrindo rutas, expandindo camiños. Novas perspectivas e interseccións nos estudos galegos".

ILLA organizou dous paneis temáticos vinculados á "Edición Literaria na Galiza", coordinados por Carme Fernández Pérez-Sanjulián, e outro aos "Subsidios para un inventario do teatro galego no período franquista", coordinado por  Carlos Biscainho. No primeiro participaron os membros de ILLA Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Inmaculada Doval e Ánxela Lema; no segundo, Teresa López e Carlos Biscainho.

Por súa vez presentaron traballos os profesores, Xoán López, Isaac Lourido e Alexandre Peres, sobre “Afixos improdutivos no galego-portugués medieval?”, “Vozes, sujeitos e conflito social na poesia do Nunca Mais: O caso da antologia Sempre Mar. Cultura contra a burla negra” e – “Galegos e polacos no s. XIX: estereotipos paralelos á sombra da xenofobia”, respectivamente. 

Alberto Pombo, Paulo Fernandes e Alberto Paz, doutorandos de ILLA, interviñeron en paneis paralelos nas sesións do día 24, coas comunicacións “A voz das pioneiras: Mulleres na construción do pop galego de base literária”, “Ricardo Carvalho Calero: poeta inédito” e “A rede institucional do subsistema reintegracionista na Galiza (2008-2019)”