Actualidade


Diego Rivadulla participará no XXIV Seminario LOCUS
19 de setembro de 2022
Facultade de Letras (Universidade de Lisboa)

No curso do evento, o investigador posdoutoral de ILLA presentará os resultados da súa investigación 'Teatro galego e (post)memoria cultural: perspectivas inovadoras e analoxías no espazo ibérico'.


Diego Rivadulla Costa, investigador postdoutoral no Grupo ILLA, está a realizar unha estadía investigadora na Universidade de Lisboa vinculada ao subgrupo DIIA / LOCUS - CEComp.

No ámbito do mesmo seminario intervirá Gabriele Sesso, licenciado en Italianística pola Universidade de Udine, em parceria com a Universidade de Trieste, cunha presentación sobre “Italo Calvino's publishing reception in the Iberian Peninsula”.

O acto terá lugar na sala B112.G da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.