Actualidade


Alexandre Peres Vigo coordina 'Os reis e raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu'
Setembro de 2022

O profesor e membro do grupo ILLA é responsábel desta publicación seriada en Nós Diario


Co inicio do mes de setembro comezou a publicación do coleccionábel sobre os reis e as raíñas galegas en Nós Diario.

As entregas, da responsabilidade de Alexandre Peres Vigo, repasan os 1.000 anos de historia do Reino de Galiza como realidade política diferenciada no espazo europeo.

Os reis e as raíñas da Galiza fai parte do monográfico que Nós Diario dedica ao Reino da Galiza, que comprende tamén seccións de historia, sobre os escudos do reino e os mapas do reino, e un pdocast.