Actualidade


Unha palestra de Pilar García Negro inaugura o mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade
24 de setembro de 2020
Facultade de Filoloxía (UDC)

O acto celebrarase no Salón de graos a partir das 17:30 horas.


A intervención de Pilar García Negro, destacada rosalianista, profesora honoraria da UDC e membro de ILLA, leva como título "Rosalía de Castro: unha denominación de orixe nacional".

Esta conferencia, que inaugura as sesións académicas do mestrado, está aberta ao público interesado, coas limitacións de aforo obrigadas pola pandemia. 

Máis información sobre o currículo académico de Pilar García Negro: https://illa.udc.es/ShowResearcherInformation.do?id=21

Máis información sobre o mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade: https://www.udc.es/gl/filo/mestrados/MLCD/2018_2019/?language=gl