Actualidade


'La Opinión' entrevista Alexandre Peres Vigo
6 marzo 2021

O xornal coruñés publica na edición deste sábado a entrevista realizada con motivo da defensa da súa tese de doutoramento 'O estereotipo antigalego na literatura española moderna'.


A xornalista Marta Otero asina esta peza en que o novo doutor pola UDC afirma que a imaxe negativa de Galiza comeza cando empeza a estar sometida a Castela e explica como vai desenvolvéndose o estereotipo negativo nos séculos intermedios. O doutor Pérez Vigo pon en relación este estereotipo transmitido pola literatura española co surximento do contradiscurso reivindicativo exemplificado na obra do cura de Fruíme e no Rexurdimento, con referencia especial aos Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

A tese de Alexandre Pérez Vigo foi orientada polo prof. Manuel Ferreiro, membro de ILLA.

Acceda aquí á entrevista completa.