Actualidade


Isaac Lourido participa no Màster en Competència Lingüística i Literària
11 marzo 2021
Universitat de les Illes Balears (on line)

A colaboración do Prof. Lourido, membro de ILLA, terá lugar no marco do programa de impulso, mobilidade e internacionalización da UIB.


Isaac Lourido impartirá ás 16:30 horas o seminario 'Teorías sistémicas y literaturas marginales' e ás 18:00 horas ditará a palestra 'Prácticas poéticas, espacio público y formas de disenso', asuntos sobre os cales ten publicado destacados contributos.

As actividades están vinculadas ás materias 'El Sistema Literari: Elements i Funcionalitat' e 'Pràctica Lectora i Espai Públic' do citado mestrado.

As persoas interesadas en asistiren ao seminario e/ou á conferencia poden dirixirse aos enderezos electrónicos m.picornell@uib.cat e margalida.pons@uib.cat.