Actualidade


Publicación do Cancioneiro da Ribeira de Piquín
Maio 2022

Xosé Manuel Sánchez Rei e Noemí García Rodríguez editan o volume. 


O novo libro do profesor Sánchez Rei, en parcería con Noemí García Rodríguez, intitúlase Cancioneiro da Ribeira de Piquín. Unha aproximación á poesía tradicional da montaña lucense

 

Neste traballo, o autor e a autora editan máis de 200 cantares de orixe tradicional provenientes da antedita comarca lucense e desenvolven un estudo introdutorio en que se pondera o valor cultural, etnográfico, histórico e lingüístico desa tipoloxía de literatura oral. 

 

Para máis información sobre o libro, pode ser consultada a páxina web da editora Canela.