Actualidade


'Mulleres de tinta e papel: a situación problemática da autoría feminina na Galiza do século XIX'
28 de abril de 2022
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Ánxela Cabanas participará no ciclo Aula Aberta organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co Grupo ILLA. 


Ánxela Cabanas, graduada en Linguas e Literaturas Modernas (Francés), falará da autoría feminina na Galiza oitocentista, tomando como referencia principal a Rosalía de Castro.  

A conferencia forma parte do ciclo Aula Aberta organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co Grupo ILLA, con que pretenden estabelecer un espazo de divulgación e intercambio sobre temas da literatura e cultura galegas. 

A actividade terá lugar na sede da AC Alexandre Bóveda este xoves, 28 de abril, ás 19.30 h. Para poder asistir, cómpre rexistrarse na páxina web enviando un formulario.