Actualidade


ILLA organiza 'Narrativas da memoria'
29 de marzo de 2022, 13 h
Salón de graos da Facultade de Filoloxía (UDC)

O acto contará coa participación de Susana Sanches Arins e Francisco X. Fernández Naval, en conversa con Diego Rivadulla. 


Este evento afondará na importancia da narrativa galega na recuperación da memoria histórica a través de dúas obras, Seique (2015) de Susana Sanches Arins e A noite branca (2012) de Francisco Fernández Naval.