Actualidade


Presentación do proxecto 'A edición literaria na Galiza (1975-2000)'
Decembro de 2021

Carme Fernández Pérez-Sanjulián, investigadora principal do proxecto, fixo a presentación no marco do XII Seminario Internacional 'Redes Públicas y Relaciones Editoriales".


A membro de ILLA Carme Fernández Pérez-Sanjulián presentou no seminario organizado polo Grupo de Investigación sobre Cultura, Edición y Literatura en el Ámbito Hispánico, do CSIC, o proxecto 'A edición literaria na Galiza (1975-2000)', continuación de 'A produción editorial na Galiza durante a etapa franquista (1939-1975)', que estará centrado en estudar a produción editorial na Galiza desde o final do franquismo até o ano 2000.