Actualidade


Encontro de investigación Elas no prelo II. Mulleres no mundo da edición na Galiza
22 de setembro de 2023
Sala Cloud (CITIC), Universidade da Coruña

A actividade está organizada polo proxecto “A edición literaria na Galiza (1975-2000)” (PID2020-119605RB-100), coordinado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián.


O Encontro desenvolverase en sesións de mañá e tarde, segundo o seguinte programa:

10 h._ Presentación

10,15-11,15 h._ O proxecto “A edición literaria na Galiza (1975-2000)”: avances e primeiros resultados

Carme Fernández P-Sanjulián (Universidade da Coruña)

Ánxela Lema París (Universidade da Coruña/Universitat de Barcelona)

11,30- 13,30 h._ Editar libros: tres experiencias en primeira persoa

Helena Pérez – Edicións Xerais

Ana Guerra – Editorial Obradoiro

Mª Xesús Gómez – Editorial Rodeira

Modera: Iria Sobrino Freire (Universidade da Coruña)

15- 17 h._ Sesión de traballo co equipo de investigación

A actividade está aberta ao persoal investigador e en formación interesado na materia, previa solicitude dirixida a carme@udc.gal.