Actualidade


ILLA participa na 44th ACIS Conference
6-8 setembro 2023
Porto (Portugal)

Teresa López, Carlos Vizcaíno e Diego Rivadulla, membros de ILLA, participaron nesta reunión científica promovida pola Association for Contemporary Iberian Studies.


Os membros de ILLA presentaron os resultados parciais do proxecto de investigación 'Recuperación do patrimonio teatral de Galiza (1936-1973): emigración, exilio e resistencia interior'  (PID2020-115649RB-I00) nun painel conxunto coordinado polo prof. Vizcaíno na 44th ACIS Conference.

O programa do Congreso desenvolveuse durante tres días. Os títulos da intervencións dos membros de ILLA foron: 'Da memoria tácita: pegadas da guerra civil no teatro galego da época franquista' (Diego Rivadulla), 'A sequência da produção dramática do Centro Lucense de Buenos Aires nas décadas centrais do século XX' (Carlos Vizcaíno) e 'Teatro e censura no franquismo: unha obra inédita de Mª Xosé Queizán' (Teresa López).