Proxectos I+D


Recuperación do patrimonio teatral galego 1880-1923


Referencia
FFI2009-08619
Institución financiadora
Secretaría de Estado de Investigación del Ministerio de Ciencia e Innovación
Orzamento
12200 € (totais)
Duración
01-01-2010 / 31-12-2012
Investigador principal
Descrición

O proxecto pretende recuperar e publicar aquelas obras dramáticas galegas que foron estreadas e permanecen inéditas, e aqueloutras que foron editadas en publicacións periódicas (ás veces por entregas), durante o periódo cronolóxico comprendido entre 1880 e 1923, co obxectivo de patrimonializar textos que están en serio perigo de se perden de vez, e difundir esas obras que mesmo son descoñecidas para unha boa parte dos especialistas. A edición destas obras contará con estudo en que se atenda á contextualización histórica e cultural, ademais do traballo literario. Isto permitirá revisar e completar o actual coñecemento sobre a historia do teatro galego.

Resultados

  • Libros
  • Capítulos de libros
  • Congresos
  • Artigos en revistas
Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano (ed.), Leandro Carré. Teatro recuperado: O pago, O engano, Un caso compricado, A Coruña, Biblioteca - Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor", 2011, 241 pp. [ISBN 978-84-9746-492-2].
Ogando, Iolanda / Tato Fontaíña, Laura (eds.), Textos recuperados. De Galo Salinas a Castelao, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, 2012, 291 pp. [ISBN 978-84-9749-533-2].