Tesis de doctoramiento


A formación de palabras no galego medieval: a afixación


Fecha de lectura

19-sep-2012
Facultad

Facultade de Filoloxía
Universidad

Universidade da Coruña
Departamento

Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Nota

Sobresaliente Cum Laude
Título conseguido

Doutor en Filoloxía Galega
Descripción

Este traballo de investigación ten como obxectivo principal realizar o primeiro estudo histórico-descritivo dos procesos de formación de palabras en que interveñen afixos, con base nunha selección textual representativa do galego medieval. Alén disto, a descrición dos prefixos, sufixos, parasintéticos e regresivos permitiranos observar a mudanza lingüística que estes sofren ao longo dos séculos e que semella estar sometida a variábeis de produtividade e de concorrencia afixal. Para realizar este estudo, primeiramente, ofrécese un panorama histórico da formación de palabras na teoría lingüística xeral e nos estudos galego-portugueses e, a seguir, elabórase unha revisión da afixación e dos seus diferentes mecanismos, xunto co estudo das formacións afixais  creadas só no sistema lingüístico do galego-portugués. Finalmente, estes datos foron usados para crear o primeiro dicionario temático de afixos.

The aim of this thesis is to carry out the first historical description of word-formation processes involving affixes, based on a corpus of texts from medieval Galician. The analysis of prefixes, suffixes, parasynthesis and back-formations reveals how the forms changed over time owing to variables such as productivity and co-occurrence. To explain the context and nature of affixation, the thesis offers a historical overview of word formation, in terms of both general linguistic theory and the specific case of Galician-Portuguese, followed by a review of affixation and the different mechanisms it uses, and also by a study of affix formations created within the linguistic system of Galician-Portuguese. Finally, the results of the analysis have been used to create the first thematic dictionary of affixes in medieval Galician.